Wikipedia en maithili | |
---|---|
Logo da Wikipedia en maithili. | |
Portada da Wikipedia en maithili. | |
Tipo | enciclopedia en liña |
Comercial | Non |
Rexistro | Opcional |
Linguas | Maithili |
Licenza | Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada Licenza de documentación libre de GNU |
Propietario | Wikimedia Foundation |
Lanzamento | 6 de novembro de 2014 |
Na rede | |
https://mai.wikipedia.org/ | |
A Wikipedia en maithili (en maithili: मैथिली विकिपिडिया) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua maithili. Foi creada o 6 de novembro de 2014.[1] No presente, a lingua maithili é escrita en alfabeto devanágari[2] e da mesma maneira é escrita na edición de Wikipedia. O maithili é unha lingua indoaria falada nos estados de Bihar e Jharkhand, na India, e é unha das 22 linguas recoñecidas polo país.[3][4][5] Tamén é falada no leste de Terai, no Nepal, sendo a segunda lingua máis prevalente do país. É unha das 122 linguas recoñecidas do Nepal.[6][7]
Esta versión da enciclopedia contén 14.117 artigos e 14.696 usuarios, dos cales 35 son activos.[8]